Consejos, decoracion, paredes, pintura

 ¿Cómo se prepara unha parede para pintar?

 En moitas ocasións, a hora de comezar a pintar unha habitación, centrámonos no acabado final. Deste xeito, buscamos a cor que máis nos gusta, ou o noso efecto de pintura preferido. Pero as veces esquecemos que hai un paso básico que debemos ter en conta antes de comezar co resto: a preparación da parede. 

Depensendo das paredes a pintar, podémonos atopar con duas superficies moi diversas, que temos que preparar de xeitos totalmente diferentes. Por un lado, temos as paredes que nunca foron pintadas. Neste caso a parede estará emplastecida ou direntamente en cemento. Este caso é un pouco laborioso para preparar. Por outro lado, temos as superficies que xa estiveron pintadas, normalmente son máis sinxelas e teñen un menor tempo de preparación.

Para ambbolos casos, comeza por preparar a habitación para evitar manchar o chan ou os mobles. Separa os mobles que se podan mover o centro da habitación, iso darache máis liberdade de movemento. Unha vez alí, cúbreos cun plástico cubretodo para evitar salpicaduras. Podes tapar os bordes das paredes cun papel con cinta ancho, de 45 cm, o cal che permitirá pisar sobre el sen medo a manchar ou a que se mova. No caso de ter zócalos, cúbreos tamén cun papel con cinta da medida adecuada, o máis habitual é de 10 cm.

 

como se prepara una pared para pintar

Agora faltarache encintar toda a superficie que non precises pintar, coma fiestras ou portas. No caso dos interruptores e enchufes, podes optar por retiralos, ou tan só cubrilos con cinta. No caso de que queiras pintar o teito de outra cor, terás que encintar tamén esa parte. Pero, neste caso, recomendámosche o rodillorecortón de Jeivsa. que ten un mecanísmo que impide o contacto ca parede oporta e aforrarache ese engorroso paso. 

 No caso de ter unha parede que nunca antes foi pintada ou empapelada, no primeiro lugar asegúrate de que non teña restos de polvo que poidan diminuir a adherencia do produto na superficie. Podes pasar unpano húmido pola zona que vayas a pintar. Comproba que o soporte está en bó estado. No caso de que teña algún problema de adherencia, lo más adecuado es aplicar un consolidante como Deñtafix. Este produto está ideado para fixar, endurecer e cohesionar os fondos pulverulentos. Deste xeito. o soporte estará en perfecto estado e evitarás problemas posteriores. Antes de continuar co seguinte paso, mira ben se temos problemas de fungos ou humidades na parede que tes que pintar. En caso afirmativo, deberás aplicar un fungicida como Fungistop, que eliminará os fungos, esporas e evitará que afloren de novo a superficie.

Tras calqueira destes tratamentos, a superficie estará lista para pastear parcial ou totalmente. Recomendámosche unha pasta coma Aguaplast Express, que ten moi boa adherencia, e o seu secado rápido permitirache pintar nese mesmo día. Pero, no caso de que teñas problemas de humidade na estancia, o millor é que o sustituyas por Aguaplast Anticondensación. Ambas son moi doadas de utilizar, deberás mesturalas seguindo a proporción do envase, e tan só precisarás dunha llana e unha espátula para axudarte a extendelas. Cando este seco, lixa a superficie cunha lixa de taco de gran fino ata que quede lisa.

Por último, aplica un fixador como Fixacryl, para asegurarte de selar e fixar a superficie. Deste xeito, evitarás ter que dar máis mans de pintura, xa que evitarás a absorción do soporte. Ten en conta que este produto vai diluido en auga na proporción dunha parte de Fixacryl  por 3 ou 4 de auga, así que os rendimiento é moito maior do que aparenta. Un bote de un litro alcanzará para 50 m2 aproximadamente. Tras este paso, a superficie xa está lista para pintar.

 

Se a túa parede xa estivo pintada en outras ocasións, o proceso é moito máis sinxelo. Comproba que non teñas zonas nas que a pintura faga barriga, e, neste caso, levantaa coa axud dunha espátula. Un problema moi habitual son as esquinas desgastadas, para restauralas o mellor é usar un pouco de masilla e unha regra de metal ou plástico que poida servir como guía. Tapa os posibles desperfectos e grietas ca masilla Aguaplast Standard, que xa está lista para o uso e seca en 15 minutos. Transcurrido este tempo, unifica o acabado cunha lixa de taco de gran fino e limpa os restos cun pano húmido.

Prepara tódolos materiais que precisarás para asegurarte de que non esqueces nada importante. Unha vez que comeces o traballo, sempre é máis dificil facer unha parada para ir a buscalo. Se vas pintar con pintura plástica, recomendámosche un rodillo antigota de pelo medio, sempre acompañado dunha cubeta onde poder escurrilo.

Agora que xa tes todo listo para comezar a pintar, verás que, tras este proceso de preparación, a pintura se aplica dun xeito máis rápido e resultará unha experiencia moito máis agradable.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *