decoracion, interior, pintura

Pintar o espazo de escaleiras combinando gris e branco

Cando imos iniciar un proxecto de pintura dun espazo como pode ser as escaleiras (unha zona común da vivenda), hai varios temas a ter en conta. Primero, haberá que observar o conxunto de todolos elementos que temos arredor. Nun mesmo ambiente temos distintos soportes a pintar:

-as paredes

-a baranda da escaleira

-as portas dos cuartos que converxen nelas,

– os plintos, molduras…

A nosa intención é que a pintura que usemos aporte un ambiente armónico, ése é o obxectivo neste caso concreto. E, ó noso parecer, a imaxe que observamos na fotografía podería ser unha boa mostra pois as cores empregadas producen unha sensación de armonía, nun espazo relaxante e sen estridencias cromáticas.

Neste exemplo podemos ver a aplicación de diferentes tipos de produtos según o medio sobre o que se aplicaron. Por una parte, están os esmaltes, sobre madeira e metal; e por outra, as pinturas acrílicas para paredes y teitos. En canto as cores, é cuestión de gustos, pero non temos nada que obxectar á elección desta gama de grises. Tamén é certo que non todos podemos contar con ese extra de luz que chega dun lucernario no teito desta vivenda.

Trátase dunha antiga casa transformada en aloxamento turístico, con duas plantas e cunha ampla escaleira de madeira con balaustre torneado. Está pintada cun esmalte en color gris, as paredes e teitos nun gris mais claro e os zócalos e as portas cun esmalte branco.

Nas paredes, unha boa aposta é usar a pintura  Jotun Majestic Original Eco Mate de máxima calidade y selo Ecolabel, de aplicación doada e moi boa cubrición,; neste caso, nunha cor gris ref. 5167 Freedom. Outra opción tendo en conta que se trata dun espazo común e de moito transito, sería Majestic Jotun Resist , unha das pinturas que hai no mercado actual maIS resistentes ós roces . Ten un acabado mais sedoso, coa ventaxa de que repele as manchas e ten unha gran lavabilidade. Calquera delas son moi doadas de aplicar, ainda que non sexamos uns profesionais .

Tendo en conta que falamos de restauración e non de obra nova, dependo de si o balaustre ten ainda restos de barnices ou xa fora pintada anteriormente, podemos empregar un producto para eliminar os restos. O que precisamos é un decapante, que pode ser en distintos formatos, en spray, Spray Decapante  Zenko; e tamén, e mais apropiado neste caso, sería facelo cunha brocha, co Decapante Zenko Gelatinoso.

No que se refire ás paredes, pensando mais nos profesionais que saben da importancia dun bo soporte, as lixadoras de parede consiguen un acabado ideal antes de pintar. A Lixadora Pared Planex Festool LHS-E225 é unha boa opción para o pintor.

Logo deste paso, haberá que comprobar si a madeira ten moitos danos e, si é preciso, reparar cunha masilla para maderira da cor que mais se asemelle, Aguaplast Madeira,. Unha vez seca a pasta, facer un lixado con una lixa axeitada, según a superficie. Como o balaustre da escada é torneado será máis cómoda a lixa esponxa. A lixa de taco é mellor para as superficies planas. E chega o momento de escoller o acabado, non só da cor, senón tamén do tipo de produto y da textura.

Ainda que ata non hai moitos anos o mais común era o emprego de esmaltes sintéticos para pintar a madeira, cada vez valóranse mais os esmaltes á auga. Cando a vivenda está baleira pode parecer que non ten tanta importancia o cheiro dos disolventes, pero o profesional pintor, que antes non contaba con estes productos de base auga, levaba moto tempo empregando eses produtos non tan saudables e agradece a incorporación destas novas pinturas con efectos menos perxudiciais para a sua saúde.

Unha vez decidido o emprego de esmaltes á auga para pintar a madeira hai que escoller entre un acabado brilante, satinado ou mate,, igual que nas portas e molduras. Nas paredes e teitos o mais habitual é empregar unha pintura mate, pois en lugar de reflectar a luz repártea pola estancia, aprate de que non resalta tanto os posibles fallos. Pero na madeira temos máis dúbidas: pode ser mais práctico un acbado satinado, cun aspecto máis sedoso e, por tanto, máis doado de limpar.

En canto as cores, na misma liña de grises escollida para as paredes, o Esmalte Zenko Dkor satinado á Auga formulado a base de resinas acrílicas especiais, nunha cor ral 7040 vai perfecto para protexer a baranda contra o inevitable desgaste destes elementos.

Para as portas e os plintos, un Esmalte a auga Jotun Majestic Radiant Blanco mate é unha boa elección para un remate perfecto que, xunto co gris das paredes, resulta moi armonioso.

Non esquezamos a outra peza que da encanto ó espazo, a vella bicicleta. Para deixala como nova necesitaremos darlle antes unha boa imprimación Imprimación Antioxidante Zenko en spray, para protexela da ferruxe e que o esmalte agarre mellor nela. Xa , para rematar, un esmalte brillante vaille dar unha boa luminosidade e un papel “protagonista” no conxunto.

Cada un dos elementos daría para unha análise moito mais detallada pero só tratamos de facer un pequeno apunte no tema da decoración de interiores.

Back to list

Related Posts

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará