exterior, Fachadas

Pinturas ao Siloxano, a opción máis natural e duradeira para a túa fachada

Cuando falamos de rehabilitación de fachadas, preséntanse situacións que requiren dunha atención especial, como poden ser os edificios protexidos por Patrimonio, nos que a normativa ao respecto é rigurosa.  Trátase de edificios antigos nos que se pretende recuperar o aspecto orixinal e manter así a súa esencia. Aínda que a maioría de nós non estamos nesa situación, tamén para a nosa fachada é especial, e queremos que luza cunha pintura natural e, canto máis duradeira, mellor.

Despois do traballo previo de limpeza e desinfeción, é importante a fixación do soporte cun produto específico coma Deltafix, que é o empregado nesta obra para consolidar o soporte e dar pé ao último paso na rehabilitación.

O momento final nun proxecto de rehabilitación de fachadas esixe a eleción dun bo revestimento, tanto polo que significa para a sua protección como para a estética final. Unha das opcións prescritas habitualmente polos profesionais é a PINTURA AO SILOXANO, fronte ás pinturas convencionais. Incluso en obra nova, cada vez óptase máis por este tipo de pinturas, que ofrecen grandes prestacións en canto a conseguir unha protección para a fachada máis duradeira e eficaz no tempo, co menor esforzo de mantemento.fachada beissier

Neste edificio en concreto, a pintura aplicada é Pintura ao Siloxano de BESSIER, unha prestixiosa marca no que a rehabilitación de fachadas se refire.

Sen pretender meternos na información máis técnica, só mencionar que este revestimento resulta da combinación de minerais de sílice (orgánicos) con resinas que actúan coma elementos ligantes neste tipo de pinturas e revocos. Esta mezcla vai producir un efecto que fai que o revestimento sexa adherido de forma máis permanente a diversos soportes. En ocasións a base será de cemento, notras de formigón no hidrófugo, enlucidos de xeso, pedra,… incluso pinturas plásticas ben adheridas.

As vantaxes da pintura ao soloxano son importantes con respecto a unha pintura convencional de fachadas. Poderíamos diferenciar entre unha obra nova e fachadas antigas, nas que probablemente existan imperfeccións no soporte. É nestos casos cando a opción do Revoco Rugoso ao Siloxano surxe con forza, xa que o seu acabado, ata 5mm sin fisurar, permite disimular esas faltas na superficie (irregularidades, abombamentos…). Este revestimento está deseñado para conseguir acabados con diferentes texturas (maior ou menor gran).

Ten unha excelente adherencia incluso para pintar en fachadas revestidas con cerámica, gresite,… esos materiais empregados hai décadas e que aínda se poden ver en moitas fachadas (e que, por certo, xa nos gustaría ir deixando atrás). Esta pintura ao Siloxano tamén aporta unha gran flexibilidade, o que permite soportar as microfisuras que poidan aparecer no enfoscado.

A pintura ao Siloxano lisa, como outra opción, é ideal pola sua resistencia ao envellecemento, a sua capacidade para combatir a polución e a intemperie. É impermeable á auga, e permeable ao vapor, igual que a pintura rugosa, e permite o seu repintado.

estudio color fachadasEn canto á elección de cor para unha fachada, Beissier realizou numerosos ensaios sobre estabilidade de cor. Xa sabemos que as cores claras reflexan mellor a radiación solar, e os escuros absorben as temperaturas altas e a enerxía, o que fai modificar e degradar os compoñentes químicos da pintura. Isto é o que produce esos efectos de diferentes cores que vemos ás veces nas caras dunha fachada. Por iso, a calidade da pintura ao Siloxano de Beissier, e os pigmentos empregados na súa carta de cores, garantizan a sua resistencia incluso en cores máis escuros. Á hora de establecer a carta de cores da pintura ao siloxano Beissier incorporou toda a información necesaria para coñecer como van soportar as cores que elixamos a acción da luz. Dispón dunha gama amplia tanto para obra nova coma tonos máis terrosos (sienas, ocres, vermellos) que se requiren en fachadas de edificios antigos, con acabados mates e discontinuos que armonicen co entorno. Será moi sinxelo atopar a cor máis adecuada grazas ao estudo da cor, polo cal, partindo da foto inicial da fachada, pódese visualizar o acabado final.

En resumidas contas, as prestación destas Pinturas ao Siloxano, van dende a sua gran durabilidade hasta a sua capacidade para repeler a suciedade. Tamén é importante que a fachada repela a auga de choiva, pero sen deixar de ser permeable ao vapor. Por outra parte, a súa aplicación é sinxela, xa sexa manual ou mecánica, e ten un gran poder de cobertura.

Poderíamos seguir enumerando as súas vantaxes, pero que mellor que observar o paso do tempo nestes impresionantes edificios que embelecen as nosas cidades, coma este que vemos na foto.

Related Posts

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *